Este ano ao igual que en anteriores, preténdese levar a cabo o Programa “ Xuntos polo Nadal ”; orientado ás persoas maiores (de 60 anos en adiante), que valéndose por sí mesmas e contando con escasos recursos económicos, vaian a pasar en soidade as festas de Nadal.
Deste xeito, terán a posibilidade de desfrutar duns días de vacacións totalmente gratuítas para os solicitantes con rendas inferiores ó IPREM (532,51 € mensuais) e participación de 50 € no resto dos casos, e así poder compartir estas datas tan entrañables, nun clima de convivencia e participación, xunto con outras persoas que se atopen nas mesmas circunstancias.
Para os solicitantes da provincia de Pontevedra, ofrecense prazas na Residencia de Tempo Libre de Panxón en Nigrán; na quenda comprendida entre o día 23 de decembro de 2016 e o día 2 de xaneiro de 2017, data esta de regreso a casa.
A documentación a presentar para poder participar en ”Xuntos polo Nadal”, é a seguinte:
- D.N.I e Tarxeta Sanitaria
O prazo de presentación de solicitudes, rematará o vindeiro 23 de novembro de 2016.