Skip to main content
Novas

25 de Novembro: Día Internacional para a erradicación da violencia contra as mulleres.

By 18 Novembro, 2016Agosto 7th, 2019No Comments

O vindeiro venres 25 de novembro terá lugar a presentación dos carteis do VI Concurso de Carteis Igualitarios e darase a coñecer o gañador desta edición. A actividade desenvolverase no salón de actos do Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” ás 17:30 h.
Recordamos que ata o mércores 23 aínda se poden presentar propostas de carteis para o concurso.

A continuación desta actividade, ás 18:00 h., proxectarase unha película de animación para tódolos públicos na que se mostra a importancia de autodescubrirse e loitar polos propios soños superando os roles de xénero establecidos pola sociedade. O obxectivo da mesma é reflexionar e potenciar a educación en igualdade dende idades temperás como base fundamental para a prevención da violencia de xénero.

Así mesmo o xoves 24 as 18:30 presentarase o espectáculo da  ilusionista Fani Triana “Maxia pola Igualdade”, dirixido a tódolos públicos.

Dende o Concello de Rodeiro facemos unha chamada á participación nestas actividades aos nosos veciños e veciñas, esperando moi especialmente a asistencia dos diferentes axentes sociais, membros de asociacións, representantes políticos, etc. para desta forma manifestar de forma conxunta e como comunidade  a nosa repulsa contra o maltrato e o apoio unánime ás vítimas.