Skip to main content
Novas

Programa termalismo social – IMSERSO (Balnearios ano 2024)

By 14 Decembro, 2023No Comments

1. Beneficiarios:

  • Poderán acollerse ao Programa, todas aquelas persoas que sexan pensionistas ou perceptores de prestacións de desemprego e conten cunha idade mínima de 60 anos, 55 anos para perceptores de pensión viuvedade; quedando exentos de cumprir esta condición as persoas que acudan en calidade de cónxuxes.
  • Asimesmo poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior oa 45% .
  • Valerse por se mesmo e non padecer trastornos mentais graves.
  • Precisar os tratamentos termais solicitados.

2. Destinos e quendas.-

Os balnearios que se ofrecen para este ano, presentan unha ampla selección; xa que se pode solicitar praza en 15 Comunidades Autónomas distintas, sendo os correspondentes á nosa, os seguintes:

  • Na provincia de A Coruña ofértanse os balnearios de Carballo e Brión.
  • Na provincia de Lugo, balneario de Guitiriz, Termas Romanas (en Lugo cidade), Rio Pambre (en Palas de Rei), e Augas Santas (Pantón).
  • Na provincia de Ourense, os balnearios de Arnoia, Carballiño, Laias e Lobios.
  • Na provincia de Pontevedra ofértanse os balnearios de Acuña, Dávila (ámbolos dous en Caldas de Reis) Caldelas de Tuy, Termas de Cuntis, Mondariz ,Illa da Toxa e Baños de Brea.

O prazo para presentar solicitudes será:

Para turnos de febreiro a agosto: ata o 10 de xaneiro de 2024
Para turnos de setembro a decembro: ata o 15 de maio de 2024

Para maior información e formalización de solicitudes, poderán achegarse ao departamento de servizos sociais do concello.