O Concello de Rodeiro pon en marcha este programa dirixido á rapazada e mocidade con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos e empadroados no noso concello.
Realizaranse manualidades de nadal, globoflexia, distintos obradoiros de maquillaxe, deseño de chapas, xogos populares… Será un tempo de entretemento e lecer para pasar as mañás das vacacións de nadal.
O seu principal obxectivo é ofertar un recurso de conciliación durante todo o período non lectivo de vacacións de nadal para unidades familiares con menores de entre 3 e 16 anos. Desta forma foméntase a corresponsabilidade entre homes e mulleres por medio de facilitar a unhas e outros a conciliación dos seus tempos persoais, familiares e laborais, ademais de proporcionar nos tempos de vacacións dos menores unha oferta de actividades lúdicas pero tamén educativas e inclusivas.
As actividades darán comezo o 22 de decembro e estenderanse ata o 5 de xaneiro de 2023, de luns a venres non festivos.
Horario: 09:00h. a 14:00h. nas instalacións do CPI de Rodeiro.
Ábrese prazo de inscripción dende o día 13 ata o 20 de decembro, incluído. Rematado este prazo, de quedar prazas libres, poderanse seguir inscribindo menores ata completar as 30 prazas ofertadas.
As actividades cobraranse en base á Ordenanza de servizos e actividades educativas por horas totais de asistencia programadas que se indicarán na folla de inscripción, podendo anotarse por días concretos.
Aqueles menores que xa participaron no programa Concilia só terán que presentar a solicitude debidamente cumplimentada e a documentación complementaria que non conste no seu expediente e que así se lle requira.
Para recibir máis información das condicións do servizo e realizar a solicitude deberase contactar co servizo de educación familiar. Teléfono: 986790185. Correo electrónico: educadora@rodeiro.gal.