Skip to main content
Novas

Programa Ler conta moito 2022 Antía Yáñez “AS RESCATADORAS (Rescate na biblioteca II)”

By 14 Outubro, 2022No Comments

Con motivo da celebración do día das Bibliotecas o Concello de Rodeiro organiza unha actividade cultural o vindeiro día 21 de outubro ás 17:00 horas no Centro Cultural Manuel Lamazares. Antía Yáñez  levará a cabo un xogo de pistas  baixo o título “As rescatadoras (Rescate na biblioteca II)”. Da man de Antía xogaremos na biblioteca con pistas: nel, a rapazada descubrirá a súa biblioteca desde unha nova perspectiva. As escritoras, as ilustradoras, as personaxes dos libros…As protagonistas, á fin e ao cabo. Elas serán as que lles axudarán a seguir as pistas de forma correcta para chegar á solución do enigma.

Esta actividade forma parte do Programa Ler conta moito 2022, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade da Xunta de Galicia.