O Concello de Rodeiro acollerá o vindeiro día 21 de outubro ás 5 da tarde no centro cultural “Manuel Lamazares” unha das actividades do proxecto da Deputación de Pontevedra Mulleres en acción. Violencia zero. Este é un proxecto de acción artística que se desenvolve, desde o ano 2015, no espazo público co fin de reivindicar a igualdade de xénero, concienciar á poboación do problema da violencia machista e, sobre todo, para tratar de unir forzas para loitar contra esta lacra presente na sociedade.
A actividade que se programa denomínase Versión Actual e está dirixida pola artista Cora Verlasco.
A idea consiste nun obradoiro no que se analizarán e reformularán esceas clásicas do cinema, reflexionando sobre a cantidade de contido machista e situacións de violencia coas que crecemos e que demos por válidas.
Non é preciso inscripción previa e está aberto a tódalas mulleres maiores de idade.