Skip to main content
Novas

Programa benestar en balnearios ano 2022

By 13 Outubro, 2022No Comments

BENEFICIARI@S:

  1. Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  2. Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de
  3. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as ou persoas tuteladas que acudan en calidade de acompañantes.
  4. Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
  5. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos

 

DURACIÓN:

As quendas teñen unha duración de 10 días (9 noites) cada unha en réxime de pensión completa.

O desenvolvemento das quendas terá lugar dende o 1 de Novembro e o 17 de Decembro de 2022

 

Para maior información e trámite de solicitudes, poderán achegarse ao departamento de servizos sociais do Concello de Rodeiro.

A data límite para presentación de solicitudes, será o día 24 de outubro de 2022