Programa Ler conta moito 2021 Solidariedade Internacional de Galicia “Contos do mundo”

Por 18 Outubro, 2021 Novas

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, o Concello de Rodeiro organiza unha actividade cultural o vindeiro día 22 de outubro ás 17:00 horas no Centro Cultural Municipal. Solidariedade Internacional de Galicia  levará a cabo unha actividade de narración oral baixo o título “Contos do mundo”. Trátase dunha proposta educativa que pretende achegar ás nenas e aos nenos galegos outras culturas e realidades diferentes. Deste xeito poñemos en valor a riqueza cultural e fomentamos unha mirada positiva cara o diferente.

Esta actividade forma parte do Programa Ler conta moito 2021, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.