Organizamos desde a concellería de Servizos Sociais unha actividade turística para veciños pensionistas o día 29 de outubro consistente nunha excursión a Ribeira, Corrubedo e A Pobra do Caramiñal, coa seguintes características principais:
— Poderán inscribirse os veciños empadroados no Concello que ostenten a condición de pensionistas ou perceptores de prestacións sociais públicas.
— Cada inscrito poderá ir acompañado como máximo doutra persoa empadroada, aínda que non ostente a condición de pensionista.
— A actividade inclúe desprazamento ida e volta en autocar, seguro de viaxe, visitas turísticas e xantar en restaurante.
— Fíxase un número máximo de inscritos na actividade de cincuenta e tres (53) veciños/as.
— Establécese un copagamento por importe de quince euros (15,00 €) por inscrito, a abonar no momento da inscrición.
— A inscrición poderá realizarse no Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” de Rodeiro, con data límite do día 26 de outubro.