O Concello de Rodeiro, grazas á financiación e apoio da Deputación de Pontevedra e dentro do proxecto Equal Camba 2021, ten programado a organización dun obradoiro denominado “Xestión emocional en tempos de pandemia dende a perspectiva de xénero, dirixido especificamente ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar”.
Esta iniciativa xorde da necesidade de atender e apoiar a un colectivo moi concreto de mulleres, que por mor do seu traballo e alta responsabilidade durante este ano de pandemia, sofren as secuelas cada vez máis patentes do estrés e cansazo, especialmente psicolóxico, nas traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar.
Este obradoiro, levarase a cabo durante os días 3, 10 e 17 de novembro de 2021, no Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” e procurará ofrecer un espazo de expresión e regulación emocional en relación ás vivencias experimentadas, derivadas da situación de emerxencia sanitaria, e identificar os aspectos fundamentais para fomentar o autocoidado e a autoprotección das mulleres traballadoras no Servizo de Axuda no Fogar, dende a perspectiva de xénero.
Deste xeito tamén queremos agradecerlle o seu esforzo e amosarlles o noso respecto e admiración.
Grazas a todas!