Programa Ler conta moito 2021 Lía Magalía “Contacontos de animais”

Por 19 Xullo, 2021 Novas

O Concello de Rodeiro organiza unha actividade cultural o vindeiro día 23 de xullo ás 20:00 horas na Praza do parque. Lía Magalía levará a cabo un unha sesión de contos baixo o título “Contacontos de animais”. A través de personaxes que lles son familiares aos nenos e nenas, narrarase unha historia de colaboración e solidariedade que levará aos nosos protagonistas a alcanzar uns obxectivos que non poderían lograr sós. Esta actividade está deseñada para todos os públicos, pero en especial para o público infantil e xuvenil.

Esta actividade forma parte do Programa Ler conta moito 2021, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.