
O Concello de Rodeiro organiza unha actividade cultural o vindeiro día 16 de xullo ás 20:00 horas na Praza do parque. Andamiaxe levará a cabo un obradoiro creativo baixo o título “Obradoiro de creacontos”. Da man de Rodari xogaremos cos contos: o binomio fantástico, contos ao revés, contos tolos… Un obradoiro creativo no que descubriremos as mil e unha variables que ten un mesmo conto. Xogar, recortar, pegar, debuxar, escribir, escoitar, compartir, falar, colorear, construír… serán actividades a desempeñar para sacarlle todo o partido aos contos contados e entendidos de maneira tradicional.
Esta actividade forma parte do Programa Ler conta moito 2021, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.