Exposición ao público da lista provisional de candidatos a xurados

Por 14 Outubro, 2020 Novas

De conformidade co previsto no artigo 13.4 da Lei Orgánica 5/1995, reguladora do Tribunal do Xurado, faise público para xeral coñecemento que a lista provisional de candidatos a xurados permanecerá exposta ao público na Secretaría do Concello entre os días 16 e 31 de outubro, ambos inclusive.

Os candidatos provisionalmente elixidos como xurados no Concello de Rodeiro son:

  • André Baldonedo Dacal
  • Eusebio Fernández Fernández
  • Inés Lois Rodríguez
  • María Cruz Val Pallares

O período de vixencia dos candidatos elixidos rematará o día 31 de decembro de 2022.