Skip to main content
Novas

Programa Ler conta moito 2020 MANUEL POMBAL “O mundo da dobraxe”

By 5 Outubro, 2020No Comments

O Concello de Rodeiro organiza unha actividade cultural o vindeiro día 8 de outubro ás 11:00 horas no Centro Cultural Municipal. Manuel Pombal levará a cabo un obradoiro de dobraxe baixo o título “O mundo da dobraxe”. “O Mundo da Dobraxe” é un obradoiro lúdico educativo, que nos achega, dun xeito ameno e participativo, este fascinante mundo. Mediante unha dramatización moi visual, móstranselles todos os pasos da elaboración dunha película; desde a creacion do guión ata a dobraxe da mesma que por suposto os propios nenos realizan.

Esta actividade forma parte do Programa Ler conta moito 2020, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.