
O Concello de Rodeiro organiza unha actividade cultural o vindeiro día 16 de outubro ás 15:00 horas no Centro Cultural Municipal. Berrobambán levará a cabo unha actividade de animación á lectura baixo o título “Encontro con Paula Carballeira”. Paula Carballeira é unha escritora, contacontos e actriz galega. Tamén pertence á compañía de teatro Berrobambán.
O medo é unha das poucas cousas que non buscas, o medo atópalo. As historias de medo so perseguen o arrepío do momento. É despois de lelas, una vez que estás na cama e que pensas que as historias que acabas de ler xa non teñen perigo, cando algo fai que as lembres: un son, unha luz, un golpe. Adoitan ser tres avisos, o tempo xusto para quitarche o sono.