Skip to main content
Novas

Programa Ler conta moito Igualdade e violencia de xénero 2019. Yolanda Castaño presenta “Muller, poeta, en galego… e polo mundo!”

By 18 Outubro, 2019No Comments

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo da recoñecida potea Yolanda Castaño o vindeiro luns 21 de outubro ás 15:00 horas no Centro Cultural Municipal. Levará a cabo unha charla baixo o título “Muller, poeta, en galego… e polo mundo!”. Abrirse paso nunha profesión tan machista coma outras e facelo como muller, galega e poeta non amedrentou a esta autora que comezou con só 17 anos. Nunha charla amena, íntima e empoderadora, aderezada tanto con anécdotas como poemas, unha das poetas máis populares e internacionais contaranos como se sobrepuxo aos obstáculos, prexuízos e actitudes patriarcais con enerxía e ata sentido do humor.

Esta actividade forma parte do Ler conta moito igualdade e loita contra a violencia de xénero 2019, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.