Skip to main content
Novas

Programa ler conta moito 2013 Fantoches Baj en Rodeiro

By 5 Xuño, 2013No Comments

O Concello de Rodeiro organiza unha xornada de contacontos com música baixo o título de RodariRodari, narrados por Ignacio Vilariño de Fantoches Baj.
Terá lugar o vindeiro día 13 de xuño ás 11:15 horas no Centro Cultural Municipal. A sesión de contacontos é un espectáculo de narración oral, con acompañamento musical, no que empregamos o conto tradicional, a tradición dos contos de Gianni Rodari, e os monicreques para, partindo da domesticación dun animal como o burro, chegar ao uso ou abuso das novas tecnoloxías. O tema da xogo para introducir cancións tradicionais como a do Trole e xogar cos rapaces coas onomatopeias producidas polo funcionamento das máquinas. Ao mesmo tempo que se acompañan coa melodía producida por unha caixa de música. Finalmente debería pecharse o circulo coas novas tecnoloxías e cómo mal usadas acabarán converténdonos en burros.
Esta actividade forma parte do Programa Ler conta moito 2013, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Leave a Reply