A finalidade desta axuda é concesión de axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas aos/ás emigrantes galegos/as retornados/as e aos seus familiares, para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.
Establécese unha axuda para facer fronte de maneira xenérica á situación derivada do retorno e outra axuda destinada especificamente para os seguintes gastos: traslado de enxoval, gastos da viaxe de retorno e tradución e legalización de documentos. Estas dúas axudas son compatibles entre si.
Beneficiarios:
a. Os/as cidadáns/ás españois que tiveron o seu lugar de residencia no estranxeiro e volvesen a Galicia sempre que, antes de emigrar, tivesen a súa última veciñanza administrativa en Galicia e así estivese acreditado no correspondente consulado de España, así como os emigrantes naturais de Galicia que tiveron o seu lugar de residencia no estranxeiro e volveron á Comunidade Autónoma.
b. Os familiares das persoas indicadas na liña anterior unidos a estes por matrimonio ou que sexan parella de feito, parentesco por afinidade en primeiro grao, ou por adopción e parentes consanguíneos de ata o segundo grao, así como os viúvos/as ou orfos/as deses emigrantes.
Establécense ademais, requisitos de carácter específico; para optar a cada tipo de axuda.
Lugar de presentación:
Poderán achegarse ao departamento de servizos sociais do concello para unha maior información e presentación de solicitudes.
Prazo de presentación:
Ata o 30 de setembro de 2013