Skip to main content
Novas

Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama

By 1 Abril, 2019Agosto 7th, 2019No Comments

O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, en colaboración coa AECC, inicia a súa campaña no Concello de Rodeiro o día 12 de abril de 2019.

Esta campaña consiste na realización gratuíta de mamografías a todas as señoras de 50 a 69 anos deste concello.

As mamografías faranse na Unidade Fixa de Exploración, situada na Xefatura Territorial en Ourense (Avda. Zamora Nº 13).

Mediante unha carta comunicaráselle o día, hora e lugar ao que teñen que acudir. Sairá un autobús gratuíto dende a Avenida Gumersindo Areán para acudir á cita indicada. Na carta que se envía xa se explica toda a información necesaria.

Tódalas señoras que teñan entre 50 e 69 anos e que non recibisen carta poden chamar ó teléfono 981-141-414, onde lles darán unha cita ou lles cambiarán a que teñen se non poden acudir por unha causa xustificada.