O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo da maga Elisa Alfaya o vindeiro martes 2 de abril ás 11:00 horas no Centro Cultural Municipal. Elisa presenta o seu espectáculo “O contacontos máxico”. Había unha vez un mundo máxico no que os contos eran os protagonistas. Un a un empezaron a tomar vida mediante o poder da maxia. O contacontos é un espectáculo enfocado aos mais pequenos da casa. Foi creado para fomentar o amor á lectura. Mediante fábulas, contos, maxia interactiva, globoflexia e sombras chinesas os nenos desfrutarán dunha experiencia inesquecible. Está destinado principalmente a un público infantil.
Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.