Este programa nace da colaboración entre a Excma. Deputación de Pontevedra e os concellos colaboradores co mesmo da provincia de Pontevedra.
O programa consiste en pasar cinco tardes seguidas da mesma semana ( de luns a venres) nun Balneario da provincia de Pontevedra, permitíndolles facer uso das súas instalacións durante dúas horas e regresando a súa casa no mesmo día.
Un autobús recollerá as persoas do concello, trasladándoas ao Balneario escollido, onde permanecerán disfrutando das instalacións de balnearios, Talasos ou Spas elexidos; ao final da actividade, o mesmo autobús levaraos de novo ao punto de saída.
Beneficiarios:
• Persoas nacidas antes do ano 1963.
• Pensionistas.
• As persoas que nas que se estime coma conveniente e favorable a participación no mesmo, entendéndose coma unha situación de respiro familiar.
Destinos e prezos:
Para o bo desenrolo deste programa, fíxose necesaria a implicación económica dende Deputación de Pontevedra e o Concello de Rodeiro, os cales aportarán por persoa e praza unha cantidade xa establecida nas bases reguladoras do programa; sendo a restante parte abonada pola persoa que disfrute do mesmo, que dependerá do prezo ofertado pola empresa adxudicataria.
Para maior información e trámite de solicitudes poderán acudir ao Departamento de Servizos Sociais do Concello ate o día 30 de novembro de 2013.