III Concurso de carteis igualitarios
Neste concurso invitamos a participar a todos aqueles veciños e veciñas que o desexen, tanto de forma individual como grupal e, moi especialmente, ás asociacións e colectivos sociais do Concello. Trátase de reflexionar sobre esta grave problemática e amosar o noso total apoio ás vítimas como Concello e como sociedade.
Para a creación dos carteis só se establecen 2 pautas:
O seu tamaño máximo será en A3.
A idea que transmita busque loitar pola igualdade e rexeitar a violencia contra as mulleres.
Os carteis poderán entregarse ata o vindeiro venres 22 de novembro ás 12:00 h. no servizo de educación familiar do Concello. Tfno. 986790185 – Ana. E-mail: educadora@rodeiro.gal.
Animamos á participación nesta actividade, que terá como premio para o gañador a realización dunha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero no ano 2014.
O cartel gañador do II Concurso de Carteis Igualitarios celebrado no ano 2012 foi o elaborado pola Asociación de Veciños “San Vicente de Rodeiro”.
O domingo día 24 terá lugar no Centro Cultural “Manuel Lamazares” un acto público ás 18:00 h. no que, entre outras actividades, se presentarán os carteis elaborados e se elixirá o gañador.