Skip to main content
Novas

Programa Xuntos polo Nadal

By 31 Outubro, 2013No Comments

Este ano ao igual que en anteriores, preténdese levar a cabo o Programa ” Xuntos polo Nadal ”; orientado ás persoas maiores (de 60 anos en adiante), que valéndose por si mesmas e contando con escasos recursos económicos, vaian a pasar soas as festas de Nadal. Tendo a posibilidade de gozar duns días de vacacións totalmente gratuítas para os solicitantes con rendas inferiores ao IPREM (532,51 € mensuais) e así poder compartir esas datas tan entrañables, nun clima de convivencia e participación, xunto con outras persoas que se atopen nas mesmas circunstancias.
Para a nosa provincia de Pontevedra, ofértanse prazas na Residencia de Tempo Libre de Carballiño sendo que a quenda de vacacións , vai dende o día 23 de decembro de 2013 ate o día 2 de xaneiro de 2014, data de regreso a casa.

A documentación a presentar para poder participar en ”Xuntos polo Nadal”, é a seguinte:
• D.N.I e Tarxeta Sanitaria
• No caso de ingresos procedentes do estranxeiro, certificación acreditativa dos mesmos.

O prazo de presentación de solicitudes, rematará o vindeiro 25 de novembro de 2013.

Leave a Reply