Coma en anos anteriores, o Concello de Rodeiro manifesta o seu desexo de colaboración activa co “ Programa de Vacacións en Paz 2016”; para así poder facer efectiva a chegada de preto de mil pequenas e pequenos pertencentes ó Pobo Saharaui a terras galegas. Que de non ser polo xurdimento destas iniciativas non poderían saír das duras condicións vividas nos campamentos de refuxiados saharaius durante os meses de verán. Onde as condicións climatolóxicas fan practicamente inviable a vida dos mesmos; quedando expostos a graves riscos de saúde , debido ás súas curtas idades.
É por elo, que informamos que queda aberto o prazo de solicitude das familias que desexen ser acolledoras nos vindeiros meses de xullo e agosto de 2016, dun pequeno ou pequena saharaui.
Calquera información, formalización de solicitudes así coma aceptación dos compromisos establecidos no Programa de Vacacións en Paz; poderán realizarse no departamento de Servizos Sociais do Concello de Rodeiro ata o vindeiro día 30 de abril de 2016.