Skip to main content
Novas

Axudas individuais a persoas con discapacidade para servizos de promoción da autonomía e asistencia persoal

By 8 Abril, 2016No Comments

Convocar axudas individuais, de carácter non periódico, destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, para persoas con discapacidade empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade colaborar neste tipo de gastos, con efectos do 1 de xaneiro de 2016.

Serán financiables só as actuacións que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2016.

Incompatibilidades

Incompatibles coa percepción doutras prestacións do catálogo do SAAD así como a través dun recurso do Sistema Galego de Servizos Sociais incluído como prestación do catálogo do SAAD.

Requisitos das persoas beneficiarias

Persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e pensionistas de incapacidade total, absoluta ou grande invalidez.

Actuacións subvencionables

  • Adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal
  • Adquisición de servizos complementarios de asistencial persoal:
    • Asistencia nas necesidades de carácter doméstico e da vivenda.
    • Asistencia nas actividades básicas da vida diaria.
    • Asistencia en xestións administrativas ou doutra natureza fóra do domicilio.
    • Asistencia en actividades de participación social, educativa, laboral ou de lecer.

Para unha maior información achegarse ao departamento de servizos sociais do concello de Rodeiro.

Prazo de presentación de solicitude aberto ate o día 18 de maio de 2016