Skip to main content
Novas

Programa de conciliación Tardes Activas

By 23 Abril, 2015Abril 27th, 2015No Comments

O Concello de Rodeiro presenta o Programa de Conciliación Familiar “Tardes Activas”, que permitirá compaxinar os horarios laborais dos pais e nais coa vida familiar. Este programa sociocultural está destinado para tódolos/as nenos/as do concello, de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.

O obxectivo principal do programa é permitir un espazo de tempo, lúdico – educativo aos nenos/as participantes. Para iso levaranse a cabo actividades e dinámicas educativas, que permitirán o desenvolvemento persoal e grupal dos/as rapaces/as.

O horario será de luns a xoves, de 16:30 a 20:00 horas e os venres de 14:00 a 20:00 horas, no Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” de Rodeiro.

O número máximo de participantes será de 12. A inscrición deberá realizarse no Servizo de Educación Familiar do Concello e a selección será por estrito orde de inscrición. O prazo para presentar a solicitude abrangue do 27 ao 30 de abril e o programa comezará o vindeiro 4 de maio.

Solicitude Programa Tardes activas 2015