O Sr. alcalde asinou no día de hoxe a convocatoria da sesión ordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro luns día 27 de abril de 2015, ás 10:00 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte:
Orde do Día
1º.- Aprobación de borradores de actas de sesións anteriores.
2º.- Sorteo público para a designación dos compoñentes das mesas electorais deste municipio para as Eleccións Locais do día 24 de maio de 2015.
3º.- Apoio do Concello ao acordo adoptado pola Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) de esixir ao Ministerio de Xustiza o mantemento dos actuais Rexistros Civís no ámbito municipal.
4º.- Moción do concelleiro Sr. Salgado González relativa ao inicio do expediente de desafectación dun trozo de camiño público no lugar de Toiriz, parroquia de Arnego.
5º.- Moción do concelleiro Sr. Lamazares Casero relativa á declaración de persoa non grata da conselleira do Medio Rural Dona Rosa Quintana.
6º.- Rogos e preguntas.