Continuando a liña das actividades iniciadas anos anteriores, o grupo de goberno vén de coordinar a realización dunha nova serie de conferencias que se realizarán nun ambiente coloquial e relaxado, tratando de potenciar a máxima difusión da cultura e do patrimonio, coa premisa de que para respectar, conservar e valorar hai que coñecer.
Esta iniciativa faise coincidir coas datas de realización de Rodeiro de Tapas coa finalidade de conxugar esforzos no obxectivo de promover as potencialidades do noso concello e ofrecer alternativas de ocio e culturais aos nosos veciños e a todos aqueles que desexen acercarse ao Concello.
Titulo: A vida cotiá nunha vila romana, pensando en Porta de Arcos
Impartida por: Rafael Rodríguez Martínez
Lugar: Taberna Bruxas e Coruxas
Data: sábado, 25 de abril de 2015, ás 20.00h