O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo do mago Romarís o vindeiro venres 15 de xullo ás 18:00 horas na Praza da piscina. Presenta o seu espectáculo “O gran espectáculo das ilusións ópticas”, un mundo onde nada é o que parece, un mundo no que os teus sorprendidos ollos ven unha cousa… e a túa mente interpreta outra completamente diferente. Lograrás despertar ao Dragón, conseguirás facer desaparecer un cadro, verás con fascinación cómo brota unha fonte do aire, e incluso verás unha imaxe, e cando a observas a través do móvil, verás outra que para nada agardabas. Interactuarás con máis de 40 ilusións ópticas diferentes.
Agardámoste na Praza da piscina a partires das 18:00 horas ata as 22:00 horas.
Esta actividade forma parte do Programa Cultura no camiño 2016, organizado polo Concello de Rodeiro e a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.