Skip to main content
Novas

Cursos de natación na piscina municipal de Rodeiro

By 13 Xullo, 2016Maio 8th, 2019No Comments

Con motivo da recente apertura ao público das instalacións da piscina municipal de Rodeiro, o Concello oferta aos veciños e usuarios da instalación, como en edicións anteriores, uns cursos de aprendizaxe e perfeccionamento do deporte da natación. As clases serán impartidas polo monitor deportivo municipal, sendo as principais características da actividade as seguintes:

  • As actividades desenvolveranse entre os días 15 de xullo e 12 de agosto, ambos inclusive, nas instalacións da piscina municipal de Rodeiro.
  • As clases impartiranse os luns, mércores e venres de cada semana, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, en horario de 12:00 a 14:00 horas, e terán unha duración dunha hora diaria.
  • Establécense tres grupos de idade: entre 5 e 9 anos, ambos inclusive; de 10 a 18 anos, ambos inclusive; e maiores de 18 anos.
  • As inscricións da actividade realizaranse no ximnasio ou na piscina municipal de Rodeiro. O prazo permanecerá aberto durante todo o período de realización das clases.
  • Cada inscrito deberá cubrir unha folla de inscrición e aboar o correspondente prezo público, a través de ingreso bancario.
  • Para o abono do prezo público estarase ao disposto na Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de servizos e actividades educativas do Concello de Rodeiro en vigor (BOP núm. 194, do 07.10.10).

SOLICITUDE CURSO NATACION 2016