O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo do humorista Cándido Pazó o vindeiro venres 1 de xullo ás 21:00 horas no Centro Cultural Municipal. Presenta o seu espectáculo “Que comerá o rei?”, unha sesión de historias e contos inspirados nos textos e debuxos de Castelao, un espectáculo que, coa palabra como única ferramenta, procura o humor agudo e tenro, a expresión sinxela e sutil e o trazo delicado e potente do xenial artista.
Esta actividade forma parte do Programa Cultura no camiño 2016, organizado polo Concello de Rodeiro e a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.