O Concello de Rodeiro organiza unha actuación dos humoristas Fulano, Mengano e Citano o vindeiro día 11 de xullo ás 22:00 horas no Centro Cultural Municipal. O espectáculo que van representar leva por título “Viva a crise”. Esta actividade forma parte do Programa Cultura no camiño 2014, organizado polo Concello de Rodeiro e a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.