O vindeiro mércores día 9 de xullo comezará o curso de natación na piscina municipal de Rodeiro.
O curso desenrolarase os mércores, xoves e venres ata o 29 de agosto en horario de 12:00h a 13:00h para os nenos entre 5 e 10 anos e de 13:00h a 14:00h para os maiores de 11 anos.
A solicitude para a inscrición pódese facer na Casa do Concello, no ximnasio municipal ou enviando a solicitude que se atopa na descarga asociada ao mail deportes@rodeiro.gal