Beneficiarios:
a. Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
b. Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
c. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no pr
d. Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
e. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
Duración e servizos ofertados.
As quendas teñen unha duración de 10 dias, con todo incluído e terán lugar durante o período comprendido entre o 22 de Outubro e o 31 de Decembro de 2023.
Para maior información e trámite de solicitudes, poderán achegarse ao departamento de servizos socias do Concello de Rodeiro.
A data límite para a presentación de solicitudes, será o día 18 de outubro de 2023.