A entidade Augas de Galicia resolveu concederlle ao Concello de Rodeiro unha subvención ao abeiro da Resolución do 23 de agosto de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvención aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á realización de auditorías municipais das redes de saneamento para a detección de infiltracións, e se convocan para o ano 2020 (DOG núm. 170, 07.09.2022).
A finalidade das subvencións é que as entidades locais responsables do saneamento á poboación coñezan os problemas existentes no funcionamento dos sistemas de saneamento e conten cun instrumento básico para a detección e corrección dos distintos problemas existentes nas súas redes de saneamento.
Importe da axuda concedida: 14.423,20 €