Dende o 7 ao 27 de setembro está aberto o prazo para realizar modificacións na solicitude de beca presentada no mes de maio para realizar estudos postobrigatorios.
É importante confirmar os datos do centro de estudos e os datos sobre a residencia se durante o curso escolar se vive fóra do domicilio familiar.
A modificación e incorporación de datos á solicitude da beca realízase a través da páxina web do Ministerio de Educación no seguinte enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html
Nesta web atópase, ademais, toda a información necesaria sobre tipos de becas, contías e requisitos de acceso.
Para recibir máis información, consultar dúbidas ou recibir axuda para a tramitación pódense dirixir ao servizo de educación familiar do concello. Contacto: educadora@rodeiro.gal ou no tlf. 986790009.