Skip to main content
Novas

Presentación da curta “Mulleres de Rodeiro: mudando o cotiá”

By 7 Outubro, 2022No Comments

O vindeiro sábado 15 de Outubro, con motivo da celebración do Día da Muller Rural, presentaremos Mulleres de Rodeiro: Mudando o cotiá. Unha viaxe polas vidas das nosas veciñas que nos contarán en primeira persoa como foi a súa vida e como foi cambiando co paso dos anos a situación da muller no rural.

Este proxecto, encadrado dentro do programa Equal Camba 2022, conta coa financiación da Deputación de Pontevedra.

A presentación será ás 12 horas no salón de actos da Casa da Cultura e dende aquí invitamos a toda a veciñanza a asistir á mesma.