Skip to main content
Novas

Programa benestar en balnearios, ano 2014

By 16 Abril, 2014No Comments

Beneficiari@s:

• Poderán acollerse ó programa aquelas persoas que sexan pensionistas e conten ca idade mínima de 60 anos (quedan exentos de cumprir esta condición, as persoas que acudan en calidade de cónxuxes).
• Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Valerse por si mesmos para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de participar no programa.
• Precisar os tratamentos balneoterápicos solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
• Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa.

Balnearios.-

Este ano unicamente se ofrece a posibilidade de tratamento termal, de 10 días de duración, con todo incluído; tratamento termal e estancia no balneario, en réxime de pensión completa nos distintos establecementos ofertados, con prezos entre os 316,64 € e os 398,61 €.

Para maior información e trámite de solicitudes, poderán achegarse ao departamento de servizos sociais do Concello de Rodeiro.

A data límite para presentación de solicitudes, será o día 10 de maio de 2014.

Leave a Reply