O vindeiro domingo día 27 de abril os sendeiristas, tanto veciños do Concello como interesados en xeral, desprazarémonos á sempre espectacular Ribeira Sacra para percorrer por terras dos concellos de Chantada e O Saviñao o sendeiro denominado “Os codos de Belesar”. Visitaremos xoias do arte románico como as igrexas de Santo Estevo de Ribas de Miño e Diomondi e descenderemos por sendas de curvas moi pechadas (os denominados codos) ata a mesma orela do río Miño en Belesar.
As características principais da actividade especifícanse no cartel informativo anexo.