Obxecto:
Proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero, mediante prestacións económicas individuais e de carácter periódico, que lles garantan unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor e lles posibiliten dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.
Beneficiarias:
Mulleres que, acreditando unha situación de convivencia que as poña en risco de sufrir violencia de xénero, se atopen nunha situación que lles impida afrontar o seu futuro dun xeito autónomo e independente do seu agresor e que dispoñan dalgún dos documentos acreditativos desta situación de violencia adoptado ou emitido no período dos doce meses anteriores á data da solicitude sempre que nese momento se producise o cesamento da convivencia.
Natureza e contía das prestacións:
A contía da axuda establécese en función das rendas e ingresos da solicitante e do número de fillos menores a cargo.
Documentación:
• Documentación que xustifique os ingresos declarados (nómina, recibo ou resolución de calquera tipo de prestación ou subsidio…)
• Certificación da conta bancaria da que a solicitante é titular única ou compartida con persoa distinta do agresor.
• Acreditación da situación de violencia derivada de convivencia con algún dos documentos establecidos mediante a orde reguladora.
• Acreditación da discapacidade co certificado correspondente, de ser o caso.
• Acreditación de fillas/os a cargo a través do libro de familia e o informe de servizos sociais ou sentenza xudicial de custodia, de ser o caso.
• No caso de solicitantes estranxeiras, copia cotexada da tarxeta de residencia.
Prazo de presentación:
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 31 de outubro de 2014.