Skip to main content
Novas

Progama Ler Conta Moito. Igualdade e violencia de xénero 2019. Tarabelos presenta “Rosalía. Todos por igual”

By 30 Setembro, 2019No Comments

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo de Tarabelos o vindeiro xoves 3 de outubro ás 15:00 horas no Centro Cultural Municipal. Tarabelos levará a cabo un obradoiro baixo o título “Rosalía. Todos por igual”. Rosalía de Castro foi rompedora de barreiras nun tempo no que o xénero, o idioma, o lugar de nacemento, a clase social… daban lugar a escenas de desigualdade que Rosalía denuncia co seu arte. Imos facer arte. A través dun conto de Rosalía e a pintura, faremos a nosa obra de arte pola igualdade. Porque a igualdade é tratar a todos por igual. Está destinado a un público infantil.

Esta actividade forma parte do Ler conta moito igualdade e loita contra a violencia de xénero 2019, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.