A través da Orde do 2 de Agosto de 2019 a Xunta de Galicia convoca as subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021. (DOG nº 172 do 11/09/2019).
A axuda económica mensual pode chegar ata o 50% do aluguer. A renda da vivenda, para o Concello de Rodeiro, non pode superar os 300€ mensuais.
Poderán ser beneficiarios/as aquelas persoas maiores de idade que teñan un contrato de aluguer dunha vivenda e que esta constitúa a residencia habitual do titular ou titulares do contrato.
Terán preferencia as persoas con discapacidade, mulleres vítimas de violencia de xénero, vítimas de terrorismo, familias monoparentais, familias numerosas e persoas afectadas por desfiuzamentos, entre outros colectivos. Ademais, hai unha liña de axudas específica para menores de 35 anos.
Requisitos económicos: os ingresos máximos da unidade de convivencia non poden ser superiores a 2 veces o IPREM do ano 2018.
Prazo de presentación: o prazo de presentación para optar a esta subvención remata o vindeiro 11 de Outubro de 2019.
Información: para recibir máis información sobre este programa e a súa solicitude, poden dirixirse ao equipo de servizos sociais municipais.
Información e presentación electrónica da solicitude no seguinte enlace: www.sede.xunta.gal