Novas

Proceso de regularización migratoria extraordinaria

By 15 Abril, 2026No Comments

Dende o Concello de Rodeiro, queremos informar ás veciñas e veciños do noso municipio, do inicio do proceso de regularización migratoria extraordinaria, publicada no BOE do mércores día 15 de abril de 2026.

Garzas a este Real Decreto, procederase a que, todas aquelas persoas inmigrantes, residentes en España e que cumpran os requisitos esixidos; poidan gozar de protección, independentemente da súa orixe ou traxectoria migratoria e pasen a exercer os dereitos fundamentais, en condicións de igualdade, seguridade e dignidade.

É por elo, que queremos transmitir dende o Concello de Rodeiro, que o equipo humano que está ao fronte dos servizos socias comunitarios neste concello; prestarán servizos de información e apoio individualizado, para axudar ás veciñas e veciños, nesta tramitación extraordinaria.

Proceso de regularización migratoria extraordinaria (pdf)

Share
1 / ?