Novas

Campaña de recollida plástico agrícola: Río, Camba, A Portela,  O Salto-San Salvador e Vilela

By 16 Abril, 2026No Comments

O Concello de Rodeiro informa da realización dunha nova campaña de recollida de plástico agrícola, co obxectivo de facilitar unha xestión correcta dos residuos procedentes das explotacións.

A recollida inclúe exclusivamente plásticos de silo e de invernadoiro, que deberán depositarse limpos e atados nos puntos habilitados.

 Datas

  • Depósito dos plásticos: días 20 e 21 de abril.
  • Recollida: día 22 de abril.

Lugares habilitados

  • Parroquia de Río: Campo da festa
  • Parroquia de Camba: Campo da festa
  • Parroquia da A Portela: Campo da festa
  • O Salto e San Salvador: Campo da festa de San Salvador
  • Parroquia de Vilela: Campo da festa

Normas importantes

  • Só se recollen plásticos de silo e de invernadoiro.
  • Non se recollen garrafas, big bags, cordeis, restos de poda nin ningún outro tipo de residuo.
  • Non depositar plásticos fóra das datas indicadas.
  • Lémbrase que non está permitido depositar plástico agrícola nin no contedor verde nin no amarelo.
Share
1 / ?