A Dirección Xeral de Emprego e Formación convocou as probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.
As competencias clave son un requisito necesario para poder realizar acción formativas dirixidas a desempregrados de nivel de cualificación 2 e 3 e/ou dirixidas a obter un certificado de profesionalidade dos citados niveis.
Aquelas persoas que non rematasen os estudos de ESO ou teñan soamente o título da antiga EXB deben superar estas probas de competencias clave para acceder a cursos de nivel 2, etc.
O prazo para realizar as solicitudes de matriculación abrangue dende o 15 de marzo ata o 10 de abril e os exames serán o vindeiro 24 de maio, previsiblemente nas instalacións de Semana Verde en Silleda.
Para recibir máis información sobre este proceso, tipos de exames, solicitude e outras cuestións de interese dirixirse ao servizo de educación familiar municipal.
Tfno: 986790185 e-mail: educadora@rodeiro.gal