(Orde do 11 de marzo de 2014. DOG núm. 52 do 17 de marzo de 2013)
Obxecto:
Establecer as bases e convocatoria para a concesión da prestación familiar por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2014.
Persoas beneficiarias:
• Persoas que teñan ao seu cargo fillos/as menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2014 (nacidos entre o 2/1/2011 e o 1/1/2014, incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2012, non presentasen a declaración da Renda do exercicio 2012.
Requisitos:
• Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual na Comunidade Autónoma galega.
• Que na data da solicitude os nenos/as convivan coa persoa solicitante.
Contía da axuda:
Pagamento único de 360 € por cada fillo/a menor que a persoa solicitante teña ao seu cargo, sen que o mesmo fillo/a poida dar lugar a máis dunha prestación.
Documentación:
• D.N.I da persoa solicitante.
• Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un dos fillos/as menores de 3 anos.
• Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.
Prazo de presentación:
Ata o 26 de abril de 2014
Lugar de información e presentación de solicitudes:
Servizo de Educación Familiar Municipal