O vindeiro domingo día 23 de marzo iníciase a programación anual das rutas de sendeirismo “Rodeiro entre camiños” co percorrido do PR-G 100, coñecido como “Sendeiro natural Aciveiro-Candán”, que discorre nunha distancia aproximada de 15 quilómetros por terras do Concello de Forcarei e que permitirá coñecer aos participantes a Serra do Candán, incluída na Rede Natura 2000, así como paraxes naturais e variados elementos etnolóxicos e patrimoniais, entre os que destaca o mosteiro de Santa María de Aciveiro, con orixes que se remontan ao século XII.
As características principais da actividade especifícanse no cartel informativo anexo.