Skip to main content
Novas

Primeira actividade de fin de semana do programa “Rodeiro entre camiños” os vindeiros días 17 e 18 de maio no Courel

By 7 Maio, 2014No Comments

Na programación anual das actividades de sendeirismo englobadas no programa “Rodeiro entre camiños” figuran dúas escapadas de fin de semana a lugares que pola súa distancia e importancia así o aconsellan. A primeira delas desenvolverase na fin de semana do 17 e 18 de maio e o destino elixido é a Serra do Courel, unha das grandes reservas naturais de Galicia, onde realizaranse varias rutas de sendeirismo e visitas a diferentes lugares de relevancia cultural, etnográfica e paisaxística.

As características principais da actividade especifícanse no cartel informativo anexo.

Leave a Reply