Skip to main content
Novas

Celebración do día das letras galegas. Programa ler conta moito 2014. Conferencia impartida por Xesús Manuel López Valcárcel

By 12 Maio, 2014No Comments

O Concello de Rodeiro organiza unha conferencia co gallo de celebrar o Día das Letras Galegas. Terá lugar o vindeiro día 14 de maio ás 11:15 horas no Centro Cultural Municipal. A conferencia será impartida polo escritor e catedrático Xesús Manuel López Valcárcel e versará sobre o poeta Xosé María Díaz Castro e a súa poesia da paisaxe. Con esta xornada queremos render homenaxe ao poeta a quen se lle adica o Día das Letras Galegas este ano. Esta actividade forma parte do Programa Ler conta moito 2014, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Leave a Reply