Skip to main content
Novas

Prestacións periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.

By 9 Marzo, 2012No Comments

A Secretaría Xeral de Igualdade, sendo coñecedora da cantidade de casos de malos tratos , existindo ademais dependencia económica con respecto ao agresor e dificultando que estas mulleres poidan dar o primeiro paso para romper coa situación de violencia, crea unha liña de axudas económicas en diferentes contías, que lles facilitará abandonar ao seu agresor, para así dar o paso a unha vida autónoma e plena coma se merecen elas e os seus fillos.
Estas contías variarán segundo os ingresos da muller que sufra violencia doméstica, establecéndose contías distintas, de entre 800€ como máximo e 300€ como mínimo, incrementándose as mesmas en 50€ mensuais por cada fillo/a menor a cargo do solicitante.
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro día 31 de Novembro de 2012, sendo o lugar de recollida da documentación, información e asesoramento de dito trámite nos Servizos Sociais de Atención Comunitaria do Concello de Rodeiro

Leave a Reply